¡ XA ESTAMOS DE VACACIÓNS !
Thursday, December 19 2019

Chegan as vacacións de Nadal, a data máis esperada polos pequenos da casa. Días de ilusión, agasallos, celebracións e tempo libre para compartir cos teus.
Achégate ás Rías Baixas e sorprende aos teus fillos con algunha das actividades en familia que te propoñemos para que estas festas sexan inesquecibles.
O entretemento dos máis pequenos está asegurado coa pista de patinaxe sobre xeo en Samil, Vigolandia en IFEVI, " La Granja de Cenón " no Auditorio Mar de Vigo, o " NadalBus " trens, norias ...
E se tedes que botar unha man a Papá Noel e aos Reis Magos, rúas e centros comerciais ou as edicións de Nadal de mercados como Ofeitoaman, ofrécenvos a posibilidade de facer as vosas compras de Nadal dunha forma entretida e diferente.
Ademais, este ano, Vigo estará máis iluminado que nunca para recibirte. Miles de luces e unha espectacular árbore de Nadal de 32 metros encherán de maxia a cidade.
Se aínda tes ganas de máis, consulta outras actividades na nosa axenda ou no apartado de Plans en familia.
Esperámosvos!